Hoxe, todo o alumnado e profesorado do centro vivimos unha xornada moi especial de convivencia arredor do deporte para celebrar o Día da Educación Física na Rúa, baixo o lema “EF 2.0: Movendo corpos, conectando mentes”.
Somos o único centro de Santiago de Compostela que participa nesta iniciativa, xunto con outros 847 centros educativos de todo o territorio nacional, o que fai desta experiencia algo aínda máis significativo para a nosa comunidade educativa.
Ao longo da mañá, organizáronse grupos interniveis que favoreceron a cooperación, o compañeirismo e a inclusión entre alumnado de diferentes idades. Un dos aspectos máis destacados da xornada foi o papel protagonista do alumnado de 6º de primaria, que asumiu a responsabilidade de organizar e dinamizar as actividades.
En total, puxéronse en marcha 9 zonas de xogo diferentes, nas que os nenos e nenas de 6º explicaron as normas, acompañaron aos grupos e velaron polo bo desenvolvemento das actividades, demostrando unha gran capacidade de organización, implicación e liderado.
A xornada desenvolveuse nun ambiente lúdico, activo e moi participativo, no que o movemento, o respecto e a convivencia foron os grandes protagonistas.
Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora que reforza a importancia da educación física como ferramenta para promover hábitos saudables, valores e conexións entre as persoas.
PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA XORNADA





Ningún comentario:
Publicar un comentario