Benvidas e benvidos a un novo podcast do programa Voces do barrio da Radio Vagalume,
Nesta ocasión, o alumnado de 4º de infantil entrevista a Rosa, avoa da escola, e veciña do barrio de San Pedro de toda a vida, onde chegou a montar a súa tenda de flores (Florería Embora), na que traballou durante moitos anos, e ainda que agora está xubilada, as súas fillas seguen dándolle vida ao negocio familiar.
Neste podcast, Rosa vai compartir con todas nós como era a vida no barrio cando ela era pequena: como xogaban, como eran as rúas e as relacións entre a veciñanza. Unha viaxe ao pasado chea de lembranzas, emocións e historias que nos axudarán a coñecer mellor a historia do noso barrio.
Agardamos que gocedes desta entrevista tanto como nós gozamos facéndoa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario