O alumnado de 5⁰ E.I. acompañou a Raquel Queizás polo Museo do Pobo Galego para coñecer como se repartían antigamente as terras a través dos foros, contratos agrarios onde se cedía un anaco de terra a cambio dunha renda.
Acompañados dun esquío, ourizo e corvo aprendimos sobre os distintos cultivos ("os de arriba e os de abaixo da terra"), o significado dos foros e a manifestarnos pola busca dunhas condicións xustas (reparto de cultivo por igual).
Xogamos a prantar, a repartir a partes iguais e a protestar en contra das inxustizas, co lema de "A terra é nosa".
Animámosvos a visitar o museo para ver a exposición das aldeas galegas.
venres, 24 de abril de 2026
O VAL DOS FOROS ENCANTADOS
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)






Ningún comentario:
Publicar un comentario