mércores, 15 de abril de 2026

Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto

 En 4º inauguramos o último trimestre do curso asistindo a unha sesión do Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto adicada a público da nosa idade, que se celebrou o 7 de abril no Auditorio de Galicia. Alí descubrimos historias de aventura e moita emoción:
-"A osa e o paxaro" foi a primeira delas, unha curta francesa na que unha osa emprende unha longa viaxe para reencontrarse co seu amigo, un paxaro migrador;
-"Gilbert", que conta o conflito entre dous habitantes dunha pequena illa cando un deles decide quedarse co paquete que ía destinado ao seu veciño;
-"Amen", unha fábula protagonizada por porquiños que cuestiona o destino e a liberdade;
-"Duet", unha peza moi curtiña que combina humor e complicidade a partir dun encontro inesperado.

Gustáronnos moito, especialmente a terceira delas, que recomendamos vexades premendo aquí. 
Despois de merendar e xogar un anaco, regresamos ao cole!!!

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario