mércores, 22 de abril de 2026

Amadriñamentos lectores: compartir lecturas, compartir momentos 📚🌿

Con motivo da Semana do Libro, na nosa escola celebramos unha fermosa xornada de convivencia arredor da lectura a través dos amadriñamentos lectores.

Aínda que ao longo de todo o curso xa se levan a cabo lecturas compartidas entre distintos cursos, nesta ocasión quixemos darlle un carácter especial organizando unha saída conxunta. O alumnado dos cursos maiores foi recoller ás súas parellas lectoras nas aulas dos máis pequenos, iniciando xuntos un paseo ata o parque da Almáciga. 

Unha vez alí, compartimos un tempo de lectura nun entorno privilexiado, combinando libros e natureza. As conversas, as historias e as risas fixeron desta experiencia un momento moi especial, no que maiores e pequenos aprenderon uns dos outros.

Esta actividade non só fomenta o gusto pola lectura, senón tamén valores como o coidado, a responsabilidade e a convivencia entre alumnado de diferentes idades.

Sen dúbida, unha xornada para repetir e seguir construíndo comunidade, nesta ocasión a través dos libros.

 PREME AQUI PARA VER TODAS AS FOTOS DA XORNADA



Ningún comentario:

Publicar un comentario