O pasado mércores os nenos e nenas de primeiro e segundo fomos ao Teatro Principal ao festival de Curtocircuito, no que nos ensinaron catro curtametraxes moi interesantes e con distintos estilos. A primeira delas era en francés e ía sobre a historia dun oso e un paxaro, e as seguintes eran máis curtas: unha sobre a historia duns saxofonistas vivindo á beira do mar, outra sobre uns porcos que escaparon dun monasterio e outra sobre uns repartidores que fan música co piano axudados coas escaleiras. Ao rematar, déronnos un pouco de leite para amenizar a volta ao cole. Pasámolo súper ben!
Alumando de 2ºB




Ningún comentario:
Publicar un comentario