luns, 2 de marzo de 2026

Xogando tamén aprendemos!

Últimamente na aula de 2º estamos a repasar o que estamos a aprender con distintos xogos. Deixámosvos dous aquí: en Mates, estivemos practicando os polígonos con paus depresores, saíron cousas super curiosas! En Naturais, xogamos ao xogo do pano coas nosas figuras de animais pero como estivo a chover, inxeniamos unha versión do Twistter no que tiñamos instrucións nunha ruleta como "cóbado a mamífero omnívoro". Pasámolo moi ben, seguiremos informando!









 

Ningún comentario:

Publicar un comentario