Tras a visita da familia de Nuno en 5º de infantil, descubrimos que a nosa compañeira Carmen de 1⁰ EP tiña na súa casa un formigueiro de verdade.
Na sesión do plan lector convidamos a todos os compañeiras e compañeiros de E.I. a que viñesen á aula para escoitar e ver a vida nun formigueiro.
Carmen explicounos como chegou a súa casa o formigueiro, o proceso de polo en marcha, como se limpaba, a diferencia entre a formiga raíña e as obreiras, onde gardaban os ovos as formigas, que comían, que facían coas formigas que morrían...
Foi unha xornada moi interesante onde estivemos todas moi atentas.
Grazas Carmen por compartir o teu formigueiro connosco.


Ningún comentario:
Publicar un comentario