Como no trimestre pasado, en clase seguimos a reforzar o que aprendemos con xogos e estacións de aprendizaxe, así que para rematar o trimestre fixemos unhas sobre os animais da granxa en inglés que nos gustaron moito. Tal e como explicamos, para as estacións separámonos en grupos pequenos e imos rotando. Neste caso tiñamos catro: un Dobble, un dominó, unha estación de speaking e outra de writing.
Despois fomos todos ao corredor coa nosa mestra en prácticas que nos separou en parellas, e na clase apareceron animais enriba de círculos numerados escondidos, tendo que atopar os 9 e escribir o animal correctamente. Que difícil foi atopar algún deles! Pero quedámonos co divertido que foi á vez que practicamos todo o aprendido neste último mes.
Alumnado de 2ºB









Ningún comentario:
Publicar un comentario