📚🏛️🌿 O alumnado de 6º de Primaria realizou unha saída didáctica ao Parlamento de Galicia, onde puideron coñecer de primeira man unha das institucións máis importantes da nosa comunidade.
Durante a visita percorreron as diferentes instalacións do edificio, descubrindo algúns dos espazos máis significativos e observando as obras de arte que decoran os seus corredores. Ademais, tiveron a oportunidade de repasar as tarefas que se desenvolven no Parlamento e comprender mellor como se elaboran e se aproban as leis.
Un dos momentos máis especiais foi a visita á biblioteca e, sobre todo, a entrada no hemiciclo, onde o alumnado puido sentar nos seus asentos e vivir a experiencia de estar no lugar onde se toman as decisións máis importantes. Alí, algúns compañeiros e compañeiras animáronse a presentar as súas propias propostas de novas leis, converténdose por uns minutos en auténticos deputados e deputadas.
Foi unha visita didáctica e diferente, que permitiu aprender de forma práctica e participativa o funcionamento das institucións democráticas.
A xornada completouse cunha parada no labirinto de Belvís e un tempo de xogo no parque do Parlamento, que fixeron desta saída unha despedida perfecta do segundo trimestre.
Un día para aprender, compartir e crear recordos xuntas!

















Ningún comentario:
Publicar un comentario