O pasado venres visitou a aula de 4º unha científica moi especial: Begoña Nicolás Ávila. Begoña veunos falar dun tema que nos gusta moito: o universo! En concreto, da importancia dos corpos pequenos no sistema solar. Ao tempo que nos ía amosando unha presentación que deseñou para nós, fomos conversando con ela sobre as cousas que sabemos, ademais de facerlle un montón de preguntas que nos xurdiron. Para moitas delas aínda non hai respostas científicas, así que ao mellor no futuro algunha de nós se adica, coma Begoña, a estudar este tema tan interesante e atractivo.
Desde aquí dámoslle de novo as grazas a
Begoña e tamén ao Concello de Santiago de Compostela e á USC, xa que
esta é unhas das actividades do programa "Unha enxeñeira ou científica en cada cole",
que trata de visibilizar ás enxeñeiras e científicas como referentes
nas disciplinas CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).






Ningún comentario:
Publicar un comentario