luns, 9 de febreiro de 2026

XIII Edición da mostra do Entroido Galego

O pasado venres 6 de febreiro, o alumnado de sexto de primaria da nosa escola realizou unha excursión ao centro de Lamas de Abade, ás aforas da cidade. Celebraron un entroido anticipado, adicado ao entroido tradicional galego, máis concretamente aos Galos da Mezquita (A Merca). Alí viron aos galos reais, que lles contaron a tradición dos seus disfraces e comeron postres tradicionais de entroido.

Quen teña envexa e queira ir, tranquilidade! Todos os anos, a clase de sexto vai a Lamas a comer, bailar e aprender moito sobre os entroidos galegos.

VIVA O ENTROIDO!

Noticia redactada por Uxía Lubián

 
Coñecendo aos Galos da Mezquita
 
 
Os Galos da Mezquita xunto coa Banda de Lamas de Abade

 
 
Os Xenerais do Ulla




O alumando do CEIP Apóstolo Santiago cos seus traxes







 

Ningún comentario:

Publicar un comentario