Un ano máis voltamos a celebrar o Entroido na nosa escola. O tempo non acompañou, non puidemos facer ruada polo Barrio pero o calor do Barrio subiu ao Monte da Almáciga personificado en todas as familias que hoxe nos acompañaron e que colaboraron para que as nosas sobremesas tradicionais tiveran presenza. Neste tempo incerto onde a crianza é tantas veces terra de desesperanza Sempre é emocionante comprobar como unha comunidade enteira se volca para que un Entroido tradicional teña presenza tal día coma hoxe desde hai xa seis cursos.
Este feito é algo moi importante. Cando coñecemos, recoñecemos e celebramos as nosas tradicións, a autoestima da nosa comunidade vese reforzada e as crianzas perciben ese orgullo que os fai medrar na valoración do propio.
QUE VIVAN OS NOSOS ENTROIDOS!
QUE VIVAN AS XENTES QUE FESTEXAN EN COMUNIDADE!



![]() ![]() |
| O pavillón cheo de cor |
![]() ![]() |
| As máis agardadas da xornada |








Ningún comentario:
Publicar un comentario