Aquí chegamos cunha noticia extraordinaria: no cole inauguramos a Radio Escolar!!! Si, porque dende hai unhas semanas xa temos o equipamento que tanto ansiabamos, así que en 4º animámonos a gravar nela o noso primeiro programa deste 2026. E aquí volo presentan Rubí e Ale, que foron as encargadas de continuar o programa que iniciaron o curso pasado adicado á poesía. Este novo "Que poema anda detrás da porta?" ten un protagonista andaluz, e para descubrilo só tedes que darlle ao "play" e prestar moita atención, como fixeron tamén as nenas e nenos da clase que nos acompañaron no momento da gravación.
Un saúdo desde 4º!

😘😘😘😘😘
ResponderEliminar