domingo, 1 de febreiro de 2026

MENSAXES POLA PAZ

 

 Polo 30 de xaneiro, cada crianza escribiu unha mensaxe de paz aso seus compañeiros/as da escola nun papel e introduciuno nas caixas da paz que estaban na biblioteca. Cando xa estiveron cheas, algunhas das compañeiras de prácticas moveron estas caixas polas aulas para que cada quen collera unha das mensaxes que as súas compañeiras deixaran dentro para compartir e lémolas entre todas.

Deste xeito, as palabras viaxaron de man en man, enchendo a escola de ilusión, respecto e agarimo. Porque a paz tamén se constrúe así: escoitando, compartindo e coidándonos unhas ás outras cada día. Que estas mensaxes nos acompañen máis alá do 30 de xaneiro e sigan facendo da nosa escola un lugar de encontro e convivencia.  

  

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario