xoves, 8 de xaneiro de 2026

OS CURSOS MÁIS ALTOS DA ESCOLA FIXERON UN ROTEIRO AMBIENTAL

Os pasados xoves 11 e venres 12 de decembro, o terceiro ciclo do C.E.I.P. Apóstolo Santiago fixo unha excursión da man de Feitoría Verde, unha cooperativa galega. O proxecto chamábase “Entre Sar e Sarela”. 

A saída consisitía en que catro grupos, guiados pola encargada, foran anotando e fotogafando  un máximo de once obxectos, dos parques e xardíns da contorna, relacionados con catro ámbitos distintos: ocio, saúde, biodiversidade e cambio climático. 

As crianzas paseaban cunhas gafas postas buscando cousas relacionadas coa súa temática. Logo describían o obxecto elexido nun papel e sacábanlle unha foto.
Aínda que pasaron frío, pois a actividade realizárona durante as primeiras horas da mañá, o alumnado desfrutou moito desta saída tan orixinal e divertida, posto que, ademais de coñeceren os parques e xardíns preto da escola un chisco máis, aprenderon a prestar atención ás cousas pequenas e a tomar decisións en consenso. 

Despois de todo, os días de excursión, sempre son divertidos.

Noticia redactada por Uxía Lubián 

Ningún comentario:

Publicar un comentario