luns, 3 de novembro de 2025

HALLOWEEN

 Hoxe na aula de inglés estivemos a aprender cousiñas acerca da festividade de Halloween. 


 Aprendimos que esta coñecida festa comezou aproximadamente hai uns 2.000 anos grazas ao noso antigo festival celta do Samaín, que marcaba o final do verán e o comezo do inverno.
 Os celtas crían que a noite de Samaín a liña entre o mundo dos vivos e os mortos era moi estreita, así que acendían fogatas e llevaban disfraces para escorrentar os espìritos.


Máis tarde esta festividade mesturouse coas tradicións cristiás e xurde a chamada "All Hallows' Eve" dando lugar ao coñecido hoxe en día como "Halloween".

 Hoxe en día esta tradición de levar disfraces, facer o  "truco ou trato" ou decorar calacús faise por todo o mundo aínda que sempre é importante recordar cal foi a súa verdadeira orixe.

Tamén estivemos aprendendo un pouquiño de vocabulario e facendo actividades relacionadas coa temática desta festividade.










Ningún comentario:

Publicar un comentario