domingo, 30 de novembro de 2025

25 N - BO TRATO NO BARRIO

 O bo trato nos barrios da escola.

Seguindo o proxecto deste curso, "Somos barrio", queremos levar o 25 de novembro ás rúas, para coñecer a percepción que teñen do que é o bo trato entre as persoas que transitan e habitan os barrios da Almáciga e de San Pedro.

Asi, o alumnado de 5º despois de traballar en varios obradoiros esta temática, elaborou 5 preguntas dunha enquisa que o resto do alumnado da escola empregou para recoller a información que estamos buscando.

O seguinte paso, será facer a recollida de datos, xuntalos todos e agardar a que as compañeiras e compañeiros de 6º curso, elaboren un gráfico onde poidamos ver estes resultados.

 

 


 
 
 
Tras todo o proceso de reconto, análise e reflexión posterior ás entrevistas realizadas sobre o bo trato no barrio da Almáciga e de San Pedro, no marco do proxecto da escola para este curso, o alumnado de 6º elaborou unha serie de gráficos cos datos obtidos. Estes materiais foron editados en colaboración co equipo TIC do centro, dando lugar aos resultados que agora compartimos con todas e todos vós.
 




 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario