martes, 21 de outubro de 2025

PDI SOMOS BARRIO. Delimitando o noso barrio

 Para comezar o noso proxecto tivemos unha misión moi importante: coñecer o territorio que iamos investigar. Para iso, plano en man, percorremos as rúas, observamos a contorna, falamos coa veciñanza e fomos recompilando información para intentar definir o espazo que ocupan os barrios de San Pedro (amarelo) e da Almáciga (verde).

Durante as nosas andainas fomos descubrindo lugares, historias e persoas que forman parte da vida destes barrios. Pouco a pouco, fomos marcando nun mapa os límites que, segundo diferentes fontes e testemuños, poderían corresponder a cada un deles.

Porén, se algo aprendemos nesta investigación é que un barrio non se define só polas súas rúas ou polos seus límites xeográficos. Non existen muros nin barreiras que indiquen con exactitude onde remata un e comeza outro. Ser dun barrio é, sobre todo, unha cuestión de identidade, de vivencias compartidas e de sentimento de pertenza.

Así, máis alá dos mapas, comprendemos que os barrios tamén se constrúen coas persoas que os habitan, coa súa historia e co vínculo que establecen co lugar onde viven.


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario