martes, 10 de xuño de 2025

SAÍDA Á CASA DO PATRÓN. EDUCACIÓN INFANTIL


O alumnado de EI foi de excursión de final de curso á Casa do Patrón, en Lalín.
Alí participaron dun obradoiro de pan, onde lles explicaron a orixe do pan e os distintos cereais, como preparar a masa nai (fermento) e realizaron o seu boliño de pan con fariña de centeo e trigo, cocido nun forno de leña.
Tamén visitaron o Museo etnográfico, descubrindo antigos oficios artesanais, a preparación do liño e as estancias dunha casa  do século pasado (cociña, baño e habitacións). Remataron a visita, percorrendo unha escoliña do pasado, moi distinta á súa escoliña de agora.
 






Ningún comentario:

Publicar un comentario