Onte o alumnado de 2º a 6º de primaria, viviu a súa excursión de final de curso acompañada de moita calor.
Xa de primeira hora subimos en bus ao miradoiro da Curotiña, onde gozamos das vistas nun día moi despexados, vimos cabalos, algunhas persoas descubriron as bateas, e observamos a ría de Arousa.
Despois comezou a parte máis cansada do día, xa que fixemos unha andaina de 2 quilómetros, costa abaixo pero con moita calor, que rematou cunha merecida merenda á sombra duns piñeiros, para rematar, finalmente na praia, onde nos bañamos, xantamos, xogamos...e festexando que casi casi podemos dar por rematado o traballo deste curso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario