Hoxe día 2 de Maio, saiu o sol num día de choiva, literalmente. Un sol radiante que permitiu que saíran os Maios polo Barrio de San Pedro. Un sol que alumeu caras ao noso paso polas rúas. Un sol que espertou á primavera deixando atrás ao inverno. Neste día maravilloso onde a comunidade nos acompañou e onde sentimos o acubillo do Barrio, personificado na xente que sempre está presente cando a precisamos. SOMOS BARRIO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario