Hoxe é un día super especial, O DÍA DAS NOSAS LETRAS.
Na Nosa escola encántanos compartir experiencias coa xente dos nosos barrios. Onte demos un paseo repartindo caixiñas cargadas de pandeireteiras para prepararnos para o día de hoxe.
Non só compartimos nós, tamén compartiron con nós as Pandeireteiras de Arcos de Mazaricos que estaban tocando na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo. Que ben o pasamos!
De volta para a escola fumos facendo paradas na Nosa xeladería preferida Xearte, na Oficina Rúa, en Brigantia, na tenda de lás , Faino ti, e na perruquería Marta Álvarez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario