xoves, 15 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS

 Esta semana é ben especial. O sábado celébrase o Día das nosas letras. 

As pandeireteiras de Mens, Rosa e Adolfina Casas Rama e Eva Castiñeira Santos son as mullerenaxeadas este ano, en representación de todas as mulleres que axudaron a transmitir e preservar a nosa tradición oral. Mulleres traballadoras dentro e fóra do fogar, labregas, mariñeiras que con alegría e forza trouxeron até nós a sabedoría dun pobo.


Na nosa escola estamos a facer unhas caixiñas ben bonitas, cargadas de sentimento e información sobre as Letras Galegas. Estarán espalladas polos  establecementos dos  barrios da nosa contorna .
Inauguramos esta actividade e  a caixiña das  crianzas de quinto de E.I. está nun lugar moi especial do Barrio de San Pedro, sabedes onde?

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario