A semana pasada recibimos a visita de Belén, a nai de Carmen.
Achegounos ao Entroido de Entrimo, explicándonos que a figura dos Madamitos/as era unha figura que se recuperou a partir dos debuxos que recollía Otero Pedrayo na súa obra "Historia de Galicia". Explicounos como as mulleres do rural se movilizaran na busca de información sobre o Entroido de Entrimo, recuperando a figura do Madamito e Madamita, presente no concello tempos atrás.
Mostráronnos o traxe da madamita, afondando sobre a súa funcionalidade (ridiculizar aos "señoritos" e "señoritas"), e faláronnos doutros personaxes presentes no cortello (desfile): gaiteiros/as, carantoños/as e farandulleiros/as.
Moitas grazas ás dúas pola vosa participación neste proxecto grupal.
Recibimos un agasallo de Belén, da man dunha artista local de Entrimo, María Alonso Murias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario