Un ano máis, a nosa escola saíu á rúa para dar visibilidade á importancia da materia de educación física mediante unha xornada de convivencia arredor do deporte, onde o alumnado de 6º foi o protagonista organizando e xestionando dez zonas de xogos!
Aínda que a partires das 12 do mediodía a calor complicou un pouco o final da xornada, podemos dicir que foi todo un éxito e que unha vez máis, unímonos a eses 161.514 alumnos e alumnas de 949 centros de todo España, que hoxe quixeron dicir que a actividade física non só melloran a saúde física e mental, senon que é unha "poderosa ferramenta de inclusión", seguindo o lema proposto polo COLEF na campaña deste ano.
👉 949 centros participamos este curso! A ver se sabedes atopar o noso!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario