domingo, 9 de febreiro de 2025

SAÍDA A BELVIS EN 5º DE PRIMARIA

 O xoves 6 de febreiro o alumnado de 5ºEP tivo unha saída ao Parque de Belvís. Visitaron o Centro de Interpretación de Parques e Xardíns (CIPX) do Concello de Santiago.

 

Alí Nuria amosoulles un vídeo de curiosidades sobre as plantas e explicou como se nutren e como se reproducen. A continuación, o alumnado realizou trasplantes e cada persoa puido levarse unha planta a casa. Tamén explicou como coidala.

Despois, saíron merendar ao parque e desfrutaron dun tempo de xogo. Voltaron ao CIPX e crearon unhas bombas de sementes. Nuria explicou que esas bombas eran utilizadas para repoboar bosques despois de que se produzan incendios.

Por último, voltaron ao parque a aproveitar o sol e desfrutar e regresaron ao cole cantando.


En conclusión, as excursións sempre son días marabillosos para aprender e divertirse :)

Noticia realizada polo alumnado de 5º de primaria

2 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  2. Grazas por darlle vida ao blog "anónimo", agradeceríamos que a próxima vez indiques o teu nome xa que esto é unha comunidade.
    Por certo, procedín a borrar a túa mensaxe por ser inapropiada no blog da escola, lembra, esto non é un chat.
    Grazas!

    ResponderEliminar