No mes de xaneiro tivemos a visita de Lúa, a nai de Leo que veu cargada de instrumentos: pandeiretas, triángulos, caixa... e ata culleres coas que facer música.
Xogamos a atopar os instrumentos agochadas, a descubrir os seus sons acompañando as cantigas tradicionais, a bailar con xogos de roda "Indo eu, indo eu, a camiño de viseu", a bailar pasos de muiñeira, a darnos caricias musicais e a crear as nosas propias orquestras.
Grazas Lúa por facérnolo pasar tan ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario