A xornada do 14 de febreiro o alumnado de 3º asistimos á actividade "Cantigas ben chas sei" no Museo do Pobo Galego.
Alí recibiunos Paula, unha rapaza que nos guiou por algunhas das salas a partir de cantigas tradicionais que mencionaban algúns dos obxectos que se poden observar no museo: unha traíña, un carro, o oficio de ferreiro, unha pandeireta e, como remate, unha escaleira. Ademais de escoitar as cantigas e descubrir algunhas das súas palabras, cantámolas e fixemos moitas preguntas á nosa guía. Cada un dos obxectos mencionados pareceunos moi interesante, pero foi a escaleira a que máis nos sorprendeu e da que seguro non esquecemos o seu nome: unha escaleira triple helicoidal, única no mundo e deseñada por Domingo de Andrade entre os séculos XVII e XVIII.
Ningún comentario:
Publicar un comentario