venres, 4 de outubro de 2024

OBRADOIRO SOBRE A IGUALDADE EN PRIMARIA

 Esta semana participamos no obradoiro de Rexenerando S. Coop. Galega “Gozando en igualdade”, unha proposta que promoveu a ANPA do centro para tratar temas moi importantes sobre a construción da nosa identidade dende a percepción sobre o noso corpo, os cambios que nel se producen, os coidados, as emocións, o bo trato, a sexualidade, etc.


En cada unha das 6 sesións faláronse e traballáronse estas cuestións tendo en conta a idade do alumnado, analizando situacións da vida cotiá ou vídeos explicativos, reflexionando sobre as nosas percepcións, facendo propostas para favorecer a igualdade naqueles ámbitos nos que aínda non a percibimos, etc.


Xerou moito interese entre o alumnado participante e por iso trataremos de seguir traballando dentro das aulas todas estas inquedanzas. 

Grazas a Paola polo desenvolvemento da actividade e á ANPA por promovela.






 

Ningún comentario:

Publicar un comentario