luns, 17 de xuño de 2024

SAÍDA BIBLIOAXUDANTXS

O equipo de biblioaxudantes é imprescindible para o funcionamento da biblioteca, tanto para a organización de actividades como a para a organización e xestión da mesmo. O seu traballo é constante e desinteresado e por isto, merecen unha recompensa. Un ano máis a piques de rematar o curso saímos almorzar, e a visitar a libraría de Couceiro, onde puidemos aprender no taller de restauración e recuperación de libros antiguos e despois mercar uns libros do seu interese para incluir no noso catálogo da biblioteca. Tamén quixemos ir á biblioteca Anxel Casal, pero xa non nos deu tempo.

Moitísimas grazas equipo!! Esta biblio sería imposible sen vós!





Ningún comentario:

Publicar un comentario