En 6º de primaria, despois de rematar o curso e analizar o percorrido no proxecto da milla diaria na súa aula, viron que aínda que camiñaran moito, con 325quilómetros con 688 metros, non daban chegado a ningunha sede olímpica, polo que decidiron pasar por todas as aula e sumar o camiñado por toda a escola... e agora si!!!
Sumamos un total de 1.225.403 metros!
Sumamos un total de 1225 quilómetros e 403 metros!
Sumamos un total de 761.43 millas!
Agora si!!!! Somos capaces de chegar ata a sede olímpica de Barcelona de sobra!
E imos quedar moi cerquiña de París!!!
Noraboa equipo olímpico de Lingoreta!! Fixestes un moi bo traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario