sábado, 15 de xuño de 2024

Milla diaria 6º e primaria

 Na clase de 6º, desde que comezou a actividade "A milla diaria", percorremos 325' 688  km. 

Este cálculo realizámolo o 12 de xuño, despois de ir anotando en metros o percorrido que realizabamos cada vez que baixabamos ao patio ou faciamos algunha saída a pé por Santiago (ata a Cidade da Cultura e ata o edificio de Meteogalicia). Esta mañá estivemos traballando na aula con esa cifra e descubrimos que, en millas, son 202,37. Como a idea inicial era chegar a algunha sede olímpica, puxémonos a navegar en internet e, empregando a aplicación "Google maps" comprobamos que, en contra do que algunhas persoas pensaban, non chegamos a ningunha delas! Para chegar a Barcelona, que era a sede máis cercana a Santiago, faltábannos algo máis de 575 km!!! En grupos estivemos investigando a que lugares podiamos chegar, tanto camiñando como movéndonos en bici ou en coche, e tamén comprobando a diferenza se puideramos facer o traxecto en liña recta. Algunhas das conclusións ás que chegamos foron: visitar calquera lugar de Galicia, moitas zonas do norte de España (nas provincias de Asturias, León e Valladolid) e de Portugal. 

Xa que en 6º non conseguimos chegar a ningunha sede olímpica, preguntámonos se ao mellor o conseguimos xuntando as distancias percorridas en todos os grupos do cole... Chegaremos a París?



Ningún comentario:

Publicar un comentario