martes, 18 de xuño de 2024

CAMBIO DE ETAPA 6º DE INFANTIL

 O alumnado de 6º de infantil cambia de etapa, pasa para primaria, e esto mereceu unha festa por todo o grande, á que estiveron invitadas todas as familias, mestras e alumnado que puideron vir!

🐭🐸🐵🐴🐱Houbo unha obra de teatro de nivel profesional, con texto música e baile, na que un montón de animaliños querían inundar á Catedral para vivir alí.



😃😪Houbo risas e choros co emotivo discurso da súa titora Mirian, e o vídeo de fotos que lles preparou para as lembranzas.



🎤🎥 E todo acabou cunha sorpresa organizada polas familias, na que o alumnado preparou unha canción adicada a Mirian, que primeiro cantaron en directo e logo amosaron o videoclip elaborado.




Ningún comentario:

Publicar un comentario