martes, 4 de xuño de 2024

BIBLIOTECA ANXEL CASAL

Dende decembro, o equipo de biblioaxudantes estabamos esperando poder visitar a biblioteca Anxel Casal.

Grazas a Gema e Merlo aprendimos moitas cousas de toda a biblioteca, de como funciona, como se organiza, etc...e descubrimos que ten moitas semellanzas coa nosa...pero ao grande!

Para rematar a actividade, deixamos alí preparadas unhas recomendacións escollidas por nós, esperamos que lles gusten aos lectores/as que vaian polo andar 1 da biblioteca Anxel Casal.






Ningún comentario:

Publicar un comentario