O teatro segue sendo o fío condutor das actividades deste 3⁰ trimestre en 6º de infantil.
Esta semana recibimos unha visita moi especial, Isabel, a avoa de Maruxa que nos veu contar un conto empregando un kamishibai, que en xaponés quere dicir "teatro de papel".
O kamishibai é unha forma de contar contos moi popular en Xapón que consiste nun pequeno teatriño no que se incorporan láminas con ilustración nunha das caras e texto na outra.
A avoa de Maruxa contounos que antiguamente (1930) nas rúas de Tokio, os vendedores de lambetadas acompañábanse dun kamishibai para encher de maxia as rúas da cidade, captando a atención dos pequenos/as e non tan pequenos/as.
Moitas grazas familia de Maruxa por compartir este recurso didáctico tan espectacular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario