Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º tivo un encontro coa escritora María Canosa, no que puideron coñecela un pouquiño mais e falar con ela durante un bo ratiño, no que estivo respondendo preguntas sobre a súa profesión e a súa maneira de escribir.
Tamén tiveron lugar varias preguntas que quedaron nas cabezas das lectoras e lectores de de Muriel, Rubicundo e a Cazadora de estrelas, mais non todas obtiveron resposta, posto que nos libros, pode acontecer o que cada persoa lectora queira...
Moitas grazas María, por visitarnos e pasar un ratiño tan interesante con nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario