venres, 8 de marzo de 2024

CONTA COMIGO. OBRADOIRO DE FAMILIAS

 Mario, o pai de Roque, trouxo unha proposta para a aula "Emocións a través do teatro".

Para o desenvolvemento da actividade, empregáronse unhas tarxetas nas que aparecían recollidas situacións diversas do día a día que debiamos representar, poñéndolle nome a emoción: tristeza, alegría, enfado, decepción, empatía...

Na conversa saiu un elemento fundamental para a xestións das emocións (autocontrol): o espazo de seguridade. Cada crianza identificou o seu espazo, cando precisaba facer uso del, representándoo finalmente de maneira gráfica (debuxo e texto).

Moitas grazas Mario pola implicación.






Ningún comentario:

Publicar un comentario