xoves, 21 de marzo de 2024

CLUB DE LECTURA. Rubicundo. - Exposición "Chemacundo"

 A última reunión do club de lectura de 6º de Primaria tivo como protagonista a Rubicundo, un dos

personaxes da novela de María Canosa que eliximos para ler e conversar sobre ela durante este trimestre.


Nesta ocasión, ademais, xurdiu unha proposta artística tendo en conta o traballo do fotógrafo madrileño

Chema Madoz, quen desarrollou un novo concepto dos obxectos nos anos 90. Desde entón, segue

sorprendéndonos moito coa súa obra, que tamén expuxo o Centro Galego de Arte Contemporánea

(CGAC) no ano 1999. Inspirándonos nas súas fotografías, e pensando tamén no concepto da poesía visual, en 6º transformamos o paraugas de Rubicundo nunha boa diversidade de obxectos. 

Queredes velos?

 Pois premede no seguinte vídeo e deixade voar a vosa imaxinación. benvidas/os a "Chemacundo"


Noticia redactada por Aroa, Antón e Helena (6º curso de Primaria)

Ningún comentario:

Publicar un comentario