A CASA
Dende o curso pasado en 6º de infantil, estiveros traballando as direccións das crianzas, afianzando os nomes das rúas e o concepto de número, (ordinal e cardinal). Empregaron distintos espazos de xogo que lles axudaron a identificar as súas direccións, o conteo, a orde e a direccionalidade do número:
- Conversas na asemblea.
- O xogo de mesa "Rino Hero".
- Composicións con tecidos.
- Actividades manipulativas de trazado con gomets.
- Conteo na recta numérica.
- Xogos de suma na pantalla interactiva.
O resultado foi o recoñecemento da dirección propia e a dos compañeiros/as e identificación da funcionalidade dos números.
Grazas familias pola vosa participación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario