O día 19 de decembro as mestras de prácticas representaron unha obra de teatro sobre o patrimonio galego para o alumnado de 5º e 6º de primaria. Nesta obra fixéronse varias escenas sobre a discriminación cara o galego, os prexuízos hacia as persoas que o falan e a globalización, entre outras cousas.
Unha das partes que máis nos gustou foi a da turista que pensaba que España só ten uns determinados tópicos: os touros, a paella, o clima cálido e as sevillanas.
Esta obra axudounos a reflexionar sobre a importancia da nosa cultura e os nosos actos para coidala e mantela.
Queremos agradecer a Antía, Lorena, Aroa, Lucía e María polo seu esforzo para levar adiante esta actividade.
Noticia redactada por 6º de primaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario