Os últimos dous venres tivo lugar o obradoiro de tecidos desenvolvido por Mabel, a avoa de Sira e Uxía.
Ensinounos o seu tear, explicándonos o nome de cada unha das súas partes e as súas funcións.
Despois organizouse ao alumnado en 4 grupos de cores, mesturando as idades (4⁰, 5⁰ e 6⁰ EI): vermello, verde, azul e amarelo.
Cada grupo permanecía no espazo do obradoiro (aula de 6⁰ EI), realizando a tarefa de tecer de maneira individual e sendo guiada por Mabel.
Nos vindeiros venres continuaremos tecendo no cartón solicitado ás familias, empregando as distintas lás aportadas e unha lanzadeira de cartón.
Grazas Mabel por ofertarnos esta experiencia que está sendo tan interesante para todos e todas nós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario