MUSEO DO POBO GALEGO: A MALETA DA MESTRA
A semana pasada repartiuse a cada crianza un caderno sobre o Seminario de Estudos Galegos.
Ao abrir o caderno puidemos recoñecer imaxes de mulleres galegas ilustres que se agochaban dentro da maleta da mestra, conducida por Raquel Queizás. En concreto lembrouse a figura de Josefa Vilarelle, mestra que fixo o primeiro método de lectura en, e para o galego ❤️
A MALETA DA MESTRA.
Que agochará a maleta da nova mestra? Que misterio! Abrímola amodiño e aí está a “horta das nosas letras”, chea de adiviñas, contos e lendas.
Despois de recoller, a mestra Josefa Iglesias Vilariño, mostraranos máis tesouros da súa maleta: obxectos gardando unha historia que porá de relevo a importancia do noso patrimonio e cos que descubriremos como naceu o Museo.
Foi unha experiencia fantástica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario