Xa tivo lugar o Samaín na escola!
Despois de varias horas de traballo nas casas ou na escola, todas as cabazas quedaron preparadas para decorar o centro.
🎃🎃🎃E así de bonito e terrorífico conseguíu deixar toda a comunidade educativa o centro.
🎃🎃🎃E tamén o barrio! O alumnado de 5º e 6º foi o encargado este curso de baixar as súas cabazas ao Cruceiro de San Pedro para prender as candeas pola noite.
🎥🎤🎃 E alí deixaron un cartel cun código QR onde poder ver un vídeo que proporcionaban información sobre a orixe desta tradición, que en moitos casos estase confundindo co Halloween.
Ningún comentario:
Publicar un comentario