venres, 13 de outubro de 2023

CONTA COMIGO. MEDITACIÓN E XOGO INSTRUMENTAL.

A semana pasada coñecemos a Patric, o avó materno de Artai. 

Introduciunos na meditación a través do uso de instrumentos indíxenas que el mesmo elaborou. Creouse na aula un ambiente de calma, relaxación e paz que cada neno/a vivenciou a través de distintas posturas corporais: ollos pechados, postura de flor de lotto, corpo umbado...
Na segunda parte da sesión, Artai acompañou a cada un dos seus compañeiros/as a xogar coa música a través dos ritmos que eles/elas marcaban.
Grazas Artai, Anne e Patric por facernos desfrutar deste tempo tan fermoso en familia.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario