luns, 26 de xuño de 2023

Contacontos Xosé Neira Cruz

Como actividade peche dos recunchos programados (casa-familia) o equipo de educación infantil convidou a Xosé A. Neira Cruz, escritor e pai dunha alumna de 6⁰ de infantil, á escola para desfrutar da lectura dalgún dos fragmento da súa obra Unha chea de familias


A sesión tivo lugar na biblioteca do centro para todo o alumnado de EI este xoves 15 de xuño á primeira hora da mañá, onde conversamos sobre a diversidade das familias e lemos e escoitamos parta deste libro. Todos aqueles nenos e nenas que trouxeron un exemplar do álbum ilustrado, Unha chea de familias, tiveron a sorte de levalo adicado e asinado para a casa.
Moitas grazas Xosé pola visita e a actividade!


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario