Como sabedes, o alumnado de 6º preparou unha cesta con productos variados grazas aos comercios do barrio, con intención de vender rifas e poder financiar a súa viaxe de fin de etapa de primaria.
Hoxe levouse a cabo o sorteo e os números afortunados son para o primeiro lote o 158 e o 220 para o segundo lote.
De non aparecer os boletos afortunados seredes informados a través deste blog e a páxina web do centro e procederase a un segundo sorteo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario