martes, 23 de maio de 2023

CONTACONTOS CON ANXO MOURE. PANDEIRETAS CONTRA METRALLETAS

Á biblioteca de Lingoreta chegou en patinete un marabilloso contacontos chamado Anxo Moure que coas súas roupas étnicas, o  seu bolso máxico e os seus monicreques procedentes do Comercio Xusto encheu o espazo de contos fantásticos, introducindo valores como a paz en contraposición á guerra, o diálogo, a tolerancia, o respecto, a empatía, a cooperación, o traballo digno e o amor á terra.
Coa imaxinación viaxamos polo mundo, plantando sementes, descubrindo princesas, dialogando con tigres anoxados e bailando ao ritmo da pandeireta.





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario