martes, 16 de maio de 2023

EVENTO OBRABERTO

 Este martes, o alumnado de 5º e 6º foron a festexar o día das letras galegas nun evento relacionado polo Club de Baloncesto Obradoiro. 

Ademáis de que dous representantes do noso cole mostraron os seus coñecementos acertando prácticamente todas as preguntas de cultura xeral sobre o galego e as Letras Galegas, e a súa habilidade xogando un Cao con compañeiros de outras escolas e con xogadores do propio Obradoiro, tamén puidemos ver en acción aos xogadores da ACB, facendo un pequeno quentamento, e varias xogadas con tiros a canastra e mates espectaculares.  Falamos co alquimista de Sar, Moncho Fernández, rímonos intentando tocar a man de Guerrero que non nolo puxo fácil e recibimos uns diplomas de recordo e unhas entradas de agasallo para poder ir ver o último partido do equipo desta tempada no Sar.


                              
Con Moncho Fernández.    Con Rubén Guerrero



             
Celia Míguez no xogo de cultura xeral galega         Teo e Edgar Vicedo competindo nun cao.

Ningún comentario:

Publicar un comentario