Hoxe día 8 de maio celebramos o Día Internacional do Burro a través dunha proposta desenvolvida por Miguel e Yeya.
Coñecemos a orixe de burro (África e Asia), as causas que nos levaron a súa domesticación, evidencias da súa intelixencia (marcar os camiños), as súas características físicas asociadas ás distintas especies (catalana, andaluza, galega...) e a razón pola que é unha especie en perigo de extinción.
Descubremos que aquí preto, en Ames, se atopa o "Fogar do meu burro", onde se desenvolven actividades medioambientais dirixidas aos coidados e respecto cara os burros.
Tamén nos achegaron a posibilidade de participar nas festas de Santiaguiño do Monte de Padrón (Asnot), a través de xogos, obradoiros e carreiras, dándolle valor a esta especie e reinvindicando a prohibición das malas prácticas con estos animais.
Escoitamos na voz de Suso Vaamonde o poema de "O meu burriño" de Manuel María da obra Soños na Gaiola e rematamos interpretando os orneos do burro cunhas orellas que realizamos nun obradoiro de manualidades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario